A nosa empresa, ARTEGALIA, naceu no ano 2007, no Concello de Muros (A Coruña). Nun comezo, o noso persoal estivo formado por dous traballadores, os cales se encargaron de dar a coñece-la empresa no mercado da comercialización de bolsas de plástico, acadando a representación de grandes fábricas nacionais para toda Galicia.

Hoxe en día, ARTEGALIA comercializa cunha gran diversidade de produtos no mercado, apoiada por marcas recoñecidas tanto a nivel nacional como internacional, o que nos permite poder ofrecer un produto e un servizo de calidade e con garantías. Agora o noso centro de traballo atópase en Padrón, facendo unha distribución a nivel autonómico e nacional.

Quen somos

O noso obxectivo como empresa é a formación e a xeración de emprego para as persoas con algún tipo de discapacidade, tendo a día de hoxe un persoal de 6 traballadores (5 con certificado de discapacidade), algún dos cales conta con máis de 20 anos de experiencia traballando con embalaxes. En ARTEGALIA seguimos traballando para poder aumentar esta cifra.

¿Que ofertamos?

Distribución de bolsas e embalaxes, roupa laboral, equipos de protección individual, material de oficina e artigos varios destinados tanto á grande hostalaría como á hostalaría menor e ó sector da distribución alimentaria (celulosas, produtos de limpeza, bolsas de lixo, papel de aluminio, envases, bandexas...). En ARTEGALIA tamén ofrecemos servizos de manipulación, tales como a elaboración de Lotes de Nadal, cadeas de montaxe manual (montaxe de asas, empaquetado de regalos, etc.), cubrindo así as necesidades dos nosos clientes e colaboradores. Damos servizos e produtos de calidade, respectuosos co medio ambiente.

ARTEGALIA é unha das nove empresas que forman o grupo empresarial Galega de Economía Social (GES). A súa vez, GES forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), organización que permitiu e promoveu dende 2003 a creación deste grupo empresarial. http://www.cogami.gal.