Traballando con ARTEGALIA podes dar cumprimero ás Medidas Alternativas. ¿Que son?

As empresas públicas e privadas con cadros de persoal de 50 persoas ou máis están obrigadas a que, polo menos, o 2% delas sexan persoas con discapacidade.

Excepcionalmente, as entidades obrigadas a cumprir con esta cota de reserva poden quedar exentas da obriga solicitando a excepcionalidade e aplicando algunha das seguintes Medidas Alternativas:

  1. A celebración dun contrato mercantil ou civil cun CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO ou cunha persoa traballadora AUTÓNOMA CON DISCAPACIDADE, ben como provedor ou ben como prestador de servizos auxiliares, por un importe anual mínimo do contrato de 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual por cada traballador/a con discapacidade deixado/a de contratar por debaixo da cota do 2%.
  2. Realización de doazóns e accións de patrocinio de carácter monetario, por un importe anual mínimo de 1 ́5 veces o IPREM anual por cada traballador/a con discapacidade deixado/a de contratar por debaixo da cota do 2%, a fundacións e asociacións de utilidade pública cuxo obxecto social sexa, entre outros, a formación profesional, a inserción laboral ou a creación de emprego en favor das persoas con discapacidade.
  3. A constitución dun enclave laboral, previa subscrición do contrato cun CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO, por importe anual do contrato mínimo de 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual por cada traballador/a con discapacidade deixado de contratar por debaixo da cota do 2%.

Máis información en: medidas alternativas CEGASAL.

En ARTEGALIA asesorarémosche gratuitamente sobre o cumprimento da Lei a través das medidas alternativas e sobre os pasos a dar por parte da empresa.