ARTEGALIA forma parte do cada vez maior número de empresas que se decantan pola Economía Social, unha nova forma de facer empresa que rentabiliza proxectos nos que o eixo central son as persoas, que buscan resolver problemáticas concretas e onde a ética, a participación, o compromiso ou a transparencia son valores fundamentais.

Outro concepto intrínseco á actividade de ARTEGALIA é o de Responsabilidade Social Empresarial. A RSE é aplicada por tódalas empresas que deciden contar entre os seus provedores con empresas como a nosa, que contribúen activa e voluntariamente á mellora social, económica e ambiental, e que, en definitiva, están preocupadas pola problemática da súa contorna e apostan por proxectos responsables co medio, moi por enriba das esixencias da Lei.

Ter unha estratexia de RSE é imprescindible para a sustentabilidade das empresas a medio e longo prazo, xa que os nosos grupos de interese esixen cada vez máis que a súa participación na economía teña un impacto positivo, tanto a nivel social como medioambiental.

Os efectos das políticas de RSE teñen innumerables beneficios para as empresas que os aplican. Por exemplo, contribuíndo á participación social dos colectivos con maiores dificultades e sendo responsables co entorno mellora a reputación da empresa ante os grupos de interese, o cal revirte directamente na mellora das cifras de negocio.