Que é un Cee sen Ánimo de Lucro

Os centros especiais de emprego (CEE) son aqueles cuxo obxectivo principal é o de realizar unha actividade produtiva de bens ou de servizos, participando regularmente nas operacións do mercado, e teñen como finalidade asegurar un emprego remunerado para as persoas con discapacidade; á vez que son un medio de inclusión do maior número destas persoas no réxime de emprego ordinario.

Para manter a cualificación administrativa de centro especial de emprego, o 70% do equipo, como mínimo,  deberá estar composto por persoas con discapacidade. ARTEGALIA supera o 90%.

Os Centros Especias de Emprego sen ánimo de lucro (ou de iniciativa social) son empresas promovidas polas entidades do movemento asociativo, baixo os principios da economía social. É dicir, téñense en conta os intereses da persoa por enriba do capital, o principio de funcionamento democrático, a non repartición de beneficios, etc.